lunes, 19 de octubre de 2009

Manifestación Queremos Galego

O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas. Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza. Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país. Galerías fotográficas da manifestación (nas que se pode comprobar a asistencia): Pinchar en fotos o enlace:
  1. Galeria Xornal
  2. Galeria A Nosa Terra
  3. Galeria A Nosa Terra (2)
  4. Galeria A Nosa Terra (3)
  5. Galeria A Nosa Terra (4)
  6. Galeria A Nosa Terra (5)
  7. Galeria A Nosa Terra (6)
  8. Galeria A Nosa Terra (7)
  9. Galería A Nosa Terra (8)
  10. Galería A Nosa Terra (9)
  11. Galería A Nosa Terra (10)

2 comentarios:

  1. En seis meses cambian los papeles de sitio, antes era el Castellano el castigado, ahora es el Gallego..
    Antes era Bilinguie exigía Pluralidad, y ahora es Plataforma Cidadá Queremos Galego, esto es la leche pero la de Francia que la de Galicia es Cara...
    Me pregunto, que prisa se dieron la TVG en cambiar los papeles, es decir antes apoyaba al Bipartito y ahora PP, lo siento Xaco, pero no creo que hubiera manipulación, puede que fuera otra cosa, pero manipulación...no se...
    La manipulación la hacen los Partidos Políticos, con el Gallego, pero cuando se van a dar cuenta que no hay problemas con el gallego en Galicia, el que quiere puede hablar en Gallego y el que no en Castellano, pero que dejen esa Lucha absurda que "A Coruña" que "La Coruña", por mi que le llamen "Turquía" jejje,,, pero que nos arreglen lo que tiene que arreglar nuestro bienestar, y que se dejen de crear cortinas de humo.....

    ResponderEliminar
  2. non cambiaron os papeles.

    Os de GB seguen igual e os de a prol do galego tamén. Ou acaso non foi multitudinaria tamén a manifa do 17 de ABril...

    ResponderEliminar

Participa:Necesitamos tu ayuda

Comenta, queremos hacer es Blog se uno de los mejores Blog de Vigo (PONTEVEDRA), pero si quieres escribir entradas
Sin necesidad de ser un experto, solo queremos que escribáis de los que os guste.. Música,Deporte,Noticias,Amor, Vigo, lo que queráis.
Si lo prefieres puede enviar un correo a: